A Eiroa (Laxe)
![](https://63ddf942f7.cbaul-cdnwnd.com/4985b2b29fd7294d802ca6114d9ee951/200000148-5c83e5d7f9/ponte_grande5.jpg?ph=63ddf942f7)
Praia fluvial da Ponte Grande
No lugar de A Eiroa (A Laxe) temos unha primeira visita obrigada á praia fluvial.da Ponte Grande, unha ponte medieval que formaba parte do camiño dos Arrieiros, ruta comercial que ía do Ribeiro a Pontevedra. A ponte data do S.XVIII. Cruza o río de Val do Home, e une as aldeas de Entrerríos e Airoa. Mide uns 35 m. de lonxitude e 3,5 de ancho, e ten unha altura do cauce de 10 m.
Aquí descubrimos un tramo de río encorado que forma unha zona apropiada para o baño nunha paraxe natural de gran beleza.
Coordenadas:
42°20'57.1″N- 8°23'00.1″O
Ruta dos Muiños da Eiroa a Couso
![](https://63ddf942f7.cbaul-cdnwnd.com/4985b2b29fd7294d802ca6114d9ee951/200000150-8f4c690462/IMG_20171101_171341.jpg?ph=63ddf942f7)
![](https://63ddf942f7.cbaul-cdnwnd.com/4985b2b29fd7294d802ca6114d9ee951/200000149-96237971da/IMG_20171101_171213.jpg?ph=63ddf942f7)
Seguindo parte do antigo camiño dos arrieiros, dende a mesma praia fluvial iniciamos o percorrido que nos leva pola beira do río Parada e ao longo desta ruta podemos ver un muiño de batán restaurado e diferentes muiños sinalizados.
O muiño do Batán era no que se traballaba o liño. Tiña uns pesados mazos cos que se abantanaban golpeaban os tecidos en mollado durante horas. Había que sacar os tecidos, estiralos e de contado voltar a metelos na pía. Deste xeito o tecido era máis compacto. Podía precisarse entre 24 e 48 horas para rematar o proceso.
O batán consta de tres piezas fundamentais: mesa (onde colocaban os tecidos), mazos e roda.
Só se abatanaba no inverno, porque no verán a auga reservábase para a moenda do millo.
O río Parada
O río Parada nace nas ladeiras do Suido, recolle as augas do barranco de Fonte Uceira, e principalmente do río Valdohome. Pola proximidade aos cumios do Suido apreciamos o encaixamento deste río, seu baixo caudal e o curso zigzagueante que vai formando diferentes pozas.
O seu percorrido até ó Oitavén descorre polos pobos de A Eiroa, Entrerríos, Couso e Casal do concello de Fornelos de Montes
O val do río Parada é de relevo granítico e a vexetación está formada de matorral e bosques de carballos, e acibos. A zona rexistra un dos máis altos índices de pluviosidade, entre os 1.800 e os 2.600 metros cúbicos ó ano.