Shinrin-yoku en Galicia

Baño de bosque en Portomartiño

Todo o entorno de Aldea do Portomartiño ten rincóns onde o bosque e a natureza poden sentirse con forza e ao mesmo tempo experimentar o silenzo que nos facilita a meditación e a conexión interior.

Conectar coa natureza, desfrutar e conectar cos sentidos. O baño de bosque facilita, durante os paseos e exercicios, a percepción e potencia a saúde. Un baño de bosque é a mellor terapia tamén para reducir o estrés 

Excusión ao corazón do mundo natural

Facilitamos percorridos para sentir o bosque como unha vivencia tranformadora e vitalizante. A posibilidade de acompañamento grupal para equipos.

Recorrido de aventura polo bosque

Contacto directo coas árbores, observar as estrelas, terapia forestal entre fervenzas, pasear nun bosque de néboa, practicar marcha nórdica ou deambular sobre a neve, é posible no bosque de Portomartiño.

A práctica do shinrin-yoku básease en camiñar polo bosque a paso lento, durante dúas horas ou máis, manter o teléfono apagado e empaparse de todo o ambiente que te rodea. Shinrin-yoku siñifica camiñar sin rumbo e tomar conciencia, relaxarse e sentir o movimento dos músculos, prestar atención ao corpo e ao estado de ánimo. Perceber os sons e camiñar o máis silenciosamente posible.

Usar os cinco sentidos e atopar un lugar cómodo para sentarse e adicar uns minutos para concentrarse na respiración e meditar.

Tocar as árbores, desfrutar da auga pura correndo por un manancial, asimilar os aromas ou simplemente sentir interiormente a forza da natureza.

¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar