A Serra do Suído, as montañas atlánticas

Sin duda estas montañas de relevo suave, que non sobrepasan altitudes de 1100m., destacan pola paisaxe húmida, as chans onde pastan greas de cabalos, e os matices de verdes que mudan de grisáceo a esmeralda cos raios do sol, deixándonos fotografías espectaculares.

Musgos, turbeiras, aciveiros, carballeiras de vexetación exhuberante nos vales dos ríos, que  descorren entre formación graníticas e fermosas vreas.


O Suido é un conxunto de montañas moi vellas de formas redondeadas e sinuosas que se alternan coas chans (chairas) situadas nos cúmios da serra. As chans son o efecto visible dunha forte erosión a que foi sometida esta serra durante a sua longa existência. Cunha importante pegada na toponímia: Chan dos Mouros, Chan do Valdohome, Chan de Bidueiros... todas estas chans de altura están sucadas por moitos rios que se van precipitar dende a altura polos cañóns e as fracturas xurdidas na paisaxe. Así os nacementos dos ríos van deixando  fervenzas como a de Mouriscados, Casariños ou a Fervenza de Liñares.


O Sesume do río Avia, o río subterráneo máis caudaloso de Europa. 

Desaparece xusto na cabeceira do río e mergúllase ao redor duns 250 metros antes de volver saír na superficie. Un fenómeno singular onde o río Avia é capturado literalmente por unha enorme cova granítica. Desta forma transfórmase no río subterráneo máis caudaloso de Europa localizado nunha formación de granito. A auga flúe a un ritmo de 8,29 metros cúbicos por metro lineal, moito máis que calquera outra estrutura xeolóxica similar, tanto de Galicia ou Europa. O máis parecido polo caudal á cova de Albarellos atópase en  Estados Unidos Colorado, a Hurricane Cave, e en California, Millerton Lake Cave.


O grande canón submarino


A cova de 431 metros cun desnivel de 34,  ten un notable valor  xeolóxico  como tamén o canón submarino de cinco metros de ancho por doce de altura. Esta formación subterránea formouse no Terciario fai entre 69 e 24 millóns de anos. Unha cova desenvolvida sobre granitos, cun movemento da auga tan continuo e caudaloso durante millóns de anos que o rio encaixouse nunha fractura,  agora o río corre por baixo de eles. En Galicia existen outros sistemas parecidos, pero o de Albarellos supéraos a todos polo enorme caudal do río subterráneo. Expertos calculan que as variacións de nivel da auga, en función da época do ano, poden ser de ata 21 metros de altura, e convértea nunha cova perigosa.


¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar