Roteiro Val de Xesta

Senda que vai seguindo os pasos de pescadores no curso alto do rio Xesta. Dende a ponte na estrada de Xesta iniciamos a senda río arriba pola marxe esquerda, ata Portomartiño e Os Prados. Retornamos desviándonos pola Cruz da Braña e a aldea de Portomartiño, aquí podemos facer o desvío polo carreiro circular do bosque de Acibos de Portomartiño, descendemos polo cauce do Rego dos Acibos até Portomartiño de novo, dende onde continuamos pola beira do río Xesta. Ao chegar a ponte da estrada seguimos río abaixo pola marxe dereita do río, ata atopar unha ponte de pedra que cruzamos para ir a Liñares e visitar a Fervenza de Liñares. Dende aquí tamén temos a opción de enlazar coa ruta da freixa, que nos leva a Cortegada e Paradela.

ENLACE RUTA

Powered by Wikiloc
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar