Excursións á paisaxe da auga

Dende os cumes do Suido os ríos Xesta, Avia, Alén e Parada vanse precipitando por cañóns e pequenas fervenzas de augas transparentes, con infinidade de pozas, muiños e pontillóns. Sempre nos deixa unha agradable sensación camiñar polos seus bosques de ribeira ou darnos un baño nas diferentes praias fluviais. 

Propoñemos unha Ruta das Tres Fervenzas, na que poderemos visitar as fervenzas ou freixas máis impresionantes situadas nas aldeas de Liñares, Boeixos e Airoa.



Fervenza de Liñares

 A fervenza está situada na aldea de Liñares, é aqui onde o río Xesta precipítase por un canón granítico nun desnível de 70 m. Podemos aceder a visitala na parte máis alta antes da sua caída. Desta parte alta era conducida a auga por unha levada a través da ladeira da montaña até os muiños de Paradela 500m mais adiante.

Pola paisaxe desta fervenza descorre a ruta de senderimo  "Tras os pasos do río Xesta" 


Fervenza de Boeixos 

Un mirador dende os cumios da serra que nos permite visitar esta fervenza e facer un  descanso no percorrido que nos leva en coche dende Xesta á Avión. 

A visita á fervenza pode facerse camiñando como ampliación da ruta dos chozos de Avión.

Fervenza de Casariños

Posiblemente unha das fervenzas máis fermosas de Galicia. Está formada pola unión dos ríos Barranqueira de Fonte Uceira e Barranqueira do Rego de Casariños que se unen un pouco máis arriba.

Dende aquí tamén podemos continuar a ruta Vaqueira do Suido  e dos Chozos de Coto Grande en Laxe

Coordenadas:
42°20'34.9″N 8°21'38.3″W

¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar