Ruta Vaqueira: entre chozos e brañas


Na área recreativa de Casariños (A Laxe) comenza unha ruta que nos conduce pola paisaxe da serra percorrendo  breas transitadas dende a edade media por vaqueiros, camiñantes e arrieirros. Ás brañas acudían os vaqueiros co gando na temporada estival e foron construido chozos, currais e parideiras para abrigo.  

Vadeamos o barranco de Fonte Uceira e a fermosa fervenza de Casariños, ascendendo hacia o mirador do sesteiro de Airoa seguindo os indicadores. Ao chegar a pontella de metal sobre o río Valdohome sorprendenos unha chan con zona de descanso, fonte e mesa. Hacia a esquerda desvíamonos para visitar os chozos do Corral do Porto, un conxunto etnográfico moi especial, ainda que nunca se fixo ningunha intervención de cuidado e mantemento das construccións, deixanos unha estampa fabulosa á beira do río.

Desandando o camiño continuamos dende a área de descanso hacia a Pedra de Abalar e a Casa dos Ladróns, final do noso sendeiro que nos deixa unha panorámica espectacular das chans da Serra do Suído.


Este e o territorio de Pepa A Loba, muller lendaria do S XIX en Galicia e desta serra, nada probablemente entre Couso ou Amoedo e que despois de pasar polo cárcere de Pontevedra por un crime que non cometeu, escapou ao monte e adicou a sus vida á busca de vinganza e de xustiza asaltando curas, ricos e criminais.

Tamén é posible sentir por estos camiños a presenza da pieira de lobos, muller lendaria dos nosos montes que  vive cos lobos como consecuencia da acción dunha fada, e sabe conducir unha manada de lobos que so atacarán para reparar unha inxustiza cometida por algún veciño do pobo.


Mapa Ruta Vaqueira

Powered by Wikiloc




¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar