A Eiroa (Laxe)

Praia fluvial da Ponte Grande


No lugar de A Eiroa (A Laxe) temos unha primeira visita obrigada  á praia fluvial.da Ponte Grande, unha ponte medieval que formaba parte do camiño dos Arrieiros,  ruta comercial que ía do Ribeiro a Pontevedra. A ponte data do S.XVIII. Cruza o río de Val do Home, e une as aldeas de Entrerríos e Airoa. Mide uns 35 m. de lonxitude e 3,5 de ancho, e ten unha altura do cauce de 10 m.

Aquí descubrimos  un tramo de río encorado que forma unha zona apropiada para o baño nunha paraxe natural de gran beleza.

Coordenadas:
42°20'57.1″N- 8°23'00.1″O


Ruta dos Muiños da Eiroa a Couso

Seguindo parte do antigo camiño dos arrieiros, dende a mesma praia fluvial iniciamos o percorrido que nos leva pola beira do río Parada e ao longo desta ruta podemos ver un muiño de batán restaurado  e diferentes muiños sinalizados.

O muiño do Batán era no que se traballaba o liño. Tiña uns pesados mazos cos que se abantanaban golpeaban os tecidos en mollado durante horas. Había que sacar os tecidos, estiralos e de contado voltar a metelos na pía. Deste xeito o tecido era máis compacto. Podía precisarse entre 24 e 48 horas para rematar o proceso.
O  batán consta de tres piezas fundamentais: mesa (onde colocaban os tecidos), mazos e roda.
 Só se abatanaba no inverno, porque no verán a auga reservábase para a moenda do millo. 

O río Parada

O río Parada nace nas ladeiras do Suido, recolle as augas do barranco de Fonte Uceira, e principalmente do río Valdohome. Pola proximidade aos cumios do Suido apreciamos o encaixamento deste río, seu baixo caudal e o curso zigzagueante que vai formando diferentes pozas.

O seu percorrido até ó Oitavén descorre polos pobos de A Eiroa, Entrerríos, Couso e Casal do concello de Fornelos de Montes

O val do río Parada é de relevo granítico e a vexetación está formada de matorral e bosques de carballos, e acibos. A zona rexistra un dos máis altos índices de pluviosidade, entre os 1.800 e os 2.600 metros cúbicos ó ano.

¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar