Foxos do lobo

Asociada á gandeiría na montaña xurdiu a necesidade de controlar os lobos. Para a súa captura construíronse os foxos, unhas estructuras con longas paredes formando un bico que conducía a un profundo foxo. Os gandeiros asustaban aos lobos e coa axuda das paredes, guiabannos ate caer nel, onde eran capturados. Consérvanse varios foxos de lobos na Serra do Suído. Por un deles, situado na parroquia de Xesta pasa a ruta que comenza na área dos Prados.


Powered by Wikiloc


Os Chozos do Suído

Nos cumios abondan os pastos, que dende época medieval son utilizados para alimentar o gando na época estival. Como refuxio temporal para os gandeiros construiron estas edificacións: os chozos ou chouzos, de paredes e teito en pedra, con espesores que superan o medio metro e cubertas de musgo para proporcionar aillamiento.

¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar